Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa galega desenvolve un software para actuar en incendios

Unha empresa galega desenvolve un software para actuar en incendios

 O software de Beagle Technologies crea mapas en tres dimensións en tempo real

A aplicación facilita a toma de decisións en situacións de emerxencia

G24.gal 15/10/2023 13:42 Última actualización 15/10/2023 14:14

A aplicación desenvolvida por esta empresa galega ofrece información en tempo real do terreo en situacións de emerxencia, como rescates ou incendios forestais. 

Este sistema procesa en directo as imaxes aéreas que ofrecen drons e helicópteros, e crea un mapa tridimensional con información clave para facilitar a toma de decisións. 

Ofrece unha imaxe completa non só do terreo, senón tamén do posicionamento dos medios aéreos, dos coches patrulla ou das ambulancias. 

"A parte importante, o centro disto, é que nos achega consciencia situacional. É moi diferente ter a imaxe baleira, simplemente, que ter a imaxe no seu contexto, vendo onde hai un desnivel ou onde temos medios, motobombas, helicópteros ou coches patrulla, explica Miguel Barreiro, fundador de Beagle Technologies

O seu software, ademais de empregarse nos incendios forestais, tamén se pode aplicar no control de estradas ou na vixilancia de praias. Un concello do Levante, por exemplo, xa emprega este sistema para controlar que a distancia das motos de auga cumpre a normativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade