Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Ribadeo obriga os madeireiros a limpar os camiños forestais que usan

O Concello de Ribadeo obriga os madeireiros a limpar os camiños forestais que usan

Un incendio o ano pasado arrasou 1.700 hectáreas neste municipio
 

G24.gal 02/11/2024 14:31 Última actualización 02/11/2024 14:53

Un ano despois do devastador incendio que arrasou algo máis de 2.300 hectáreas na Mariña luguesa, o concello de Ribadeo vai aprobar unha ordenanza innovadora que obriga os madeireiros a manter e conservar os camiños forestais polos que transitan.

O incendio foi o doce de outubro do 2023 nos montes de Trabada, Foz e Ribadeo. Neste último, as lapas queimaron 1.700 hectáreas e a madeira hai que cortala. No municipio xa se autorizou a talla de 29.500 toneladas, pero aínda queda moito no monte.

Para evitar que o paso constante de maquinarias e camións desfaga as pistas forestais, vaise publicar unha ordenanza na que se recolle que para poder sacar a madeira do monte hai que conservar as vías públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade