Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xuíza ordena a fin da tutela legal de Britney Spears logo de 13 anos

Unha xuíza ordena a fin da tutela legal de Britney Spears logo de 13 anos

G24.gal 12/11/2021 23:36

A xuíza Brenda Penny ordenou este venres a fin da tutela legal da cantante estadounidense Britney Spears de xeito inmediato despois de 13 anos. Pecha, deste xeito, un dos capítulos máis controvertidos da música pop moderna.

Toma a decisión un mes despois de que a Corte Superior dos Ánxeles (EUA) determinara que o seu pai non seguiría sendo o titor legal e declarara unha custodia temporal da artista.

Spears estaba baixo a tutela do proxenitor dende 2008, tras sufrir unha serie de crises mentais. Dende entón, impedíralle tomar as súas propias decisións persoais e financeiras.

Agora, a xuíza libera a artista sen necesidade dunha avaliación psiquiátrica e entrégalle a chave do seu patrimonio, estimado en 60 millóns de dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade