Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unidas Podemos advirte de que a rebaixa do IVE do gas obrigará a subir impostos

Unidas Podemos advirte de que a rebaixa do IVE do gas obrigará a subir impostos

Propoñen gravar os vehículos que máis contaminan, como coches de luxo, iates ou avións privados

O PP esíxelle ao Goberno que o novo plan de continxencia vaia acompañado por unha memoria económica

G24.gal 01/09/2022 20:16

Unidas Podemos, socio minoritario do Goberno, di que a redución do IVE do gas é unha boa medida, pero advirte que terá que ir acompañada de subas de impostos. Os morados propoñen elevar a fiscalidade dos coches de luxo, iates e avións privados.

Así llo transmitiron á ministra Teresa Ribera na xuntanza que mantivo esta tarde cos grupos parlamentarios para deseñar o plan de continxencia, as novas medidas de aforro enerxético que se aprobarán este mes.

Tamén piden poñer en marcha unha factura da luz doméstica progresiva e adaptada a cada consumo.

Así o explica Pablo Echenique: "Desa maneira quen máis consuma, quen desbalde electricidade, pagará máis. E quen aposte pola cultura do aforro pagará moito menos".

O Partido Popular esixe que o plan de continxencia afecte principalmente ao sector público e que conteña unha memoria económica para saber canto van custar as medidas de aforro.

 "Todo plan de continxencia ten que ir acompañado pola súa factura para ver como se vai traducir na produción e na economía das empresas", di Cuca Gamarra.

O plan de continxencia non está pechado, pero xa transcendeu que o Goberno incluirá o risco de ter que racionar o gas, o impulso das renovables, en especial do hidróxeno verde, e outras medidas como substituír a iluminación das estradas por luces led ou darlles axudas aos supermercados para que pechen os frigoríficos ou as vitrinas de frío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos