Víctor Senra exerce a súa tiranía no Rally da Mariña
Víctor Senra exerce a súa tiranía no Rally da Mariña
Terceiro triunfo noutras tantas probas disputadas este ano no campionato galego
Alberto Meira e Luis Vilariño completaron o podio
Victor Senra e David Vázquez sumaron o seu terceiro triunfo noutras tantas probas disputadas no Rally Mariña Lucense, puntuable para o Campionato de Galicia. Aos mandos do Citroen C3 WRC non deron opción aos seus rivais durante toda a fin de semana ao marcaren o mellor crono en 8 dos 10 treitos cronometrados.
No segundo lugar da clasificación quedou Alberto Meira, o único coche capaz de roubarlle algún mellor tempo a Senra. O piloto de Vincios quedou finalmente a 1:05 do gañador da proba. O terceiro posto (a 2:30) foi para Luis Vilariño que despois de gañar no Rally do Bierzo a semana pasada mantivo un bo ritmo malia o descoñecemento do terreo e estar adaptándose á condución do seu novo Hyundai.