Cargando resultados...
Víctor Senra, heptacampión galego de rallys
Acabou de segundo no San Froilán por detrás de Meira e logrou os puntos necesarios para facer historia
G24.gal
22/10/2023 08:24
Xa temos campión galego de Rallys. Por sétima vez consecutiva é Victor Senra, xunto ao seu copiloto David Vázquez. Só precisaban rematar entre os cinco primeiros no Rally San Froilán, que dominou Alberto Meira de principio a fin. Meira e Avelino Martínez gañaron o rally por terceira vez consecutiva por dez segundos. Senra e Vázquez son os campións e remataron no segundo posto. O podio da proba completouno Iago Caamaño, que acabou a máis de dous minutos.