Vinícius e o racismo: "Se España non evoluciona habería que cambiar de lugar o Mundial 2030"
Vinícius e o racismo: "Se España non evoluciona habería que cambiar de lugar o Mundial 2030"
O xogador do Real Madrid insiste nos problemas que hai nos campos españois e no racismo que atopa no fútbol
Vinícius Jr. asegurou nunha entrevista coa cadea CNN que o Mundial de 2030 tería que trocar a súa localización se España non avanza na loita contra o racismo. "Ata o 2030 temos tempo para evolucionar. Agardo que España o faga e entenda o serio que é insultar unha persoa pola cor da súa pel", asegurou.
‼️ Vinicius, sobre el racismo y la celebración del Mundial en España
— BeSoccer (@besoccer_ES) September 3, 2024
🗣️"Si las cosas no evolucionan antes del 2030, habría que cambiar el lugar del Mundial"pic.twitter.com/rANHg04q2i
"Se non evoluciona, penso que o Mundial precisa cambiar a súa localización porque o xogador non se atopa cómodo e seguro de xogar nun país onde poida sufrir racismo. É complicado, pero quero facer todo para que as cousas poidan cambiar. Hai moitas persoas en España que non son racistas, pero un pequeno grupo si que o é e acaba afectando á imaxe dun país", engadiu o dianteiro do Real Madrid.
Vini Jr says his Real Madrid teammates will leave the pitch with him if there's further racist abuse from the stands.
— B/R Football (@brfootball) September 2, 2024
(w/@cnnsport, @MirrorDarren) pic.twitter.com/dF1L56RakJ