Vinicius pon o espectáculo no Brasil-Paraguai (4-1)
O xogador do Real Madrid marcou dous goles e alporizou os rivais
Colombia gañou con claridade diante de Costa Rica
Apareceu con forza Vinicius nesta Copa América. Despois da decepción co empate (0-0) diante de Costa Rica na primeira xornada ao Brasil só lle valía a vitoria contra Paraguai. Conseguiuna por 4-1 con dobrete do brasileiro que acabou alporizando aos xogadores do equipo rival.
Comezou o partido cun erro nun penalti de Lucas Paquetá pero foi Vinicius o que marcou o primeiro tanto brasileiro. Savinho e outra vez Vinicius puxeron o 3-0 antes do descanso. Alderete recurtou diferenzas e Paquetá sí atinou no segundo penalti do que gozou a canarinha.
Colombia golea a Costa Rica (3-0)
A selección colombiana segue de doce e tamén avanzou aos cuartos de final. Xogará a primeira posición do grupo diante do Brasil. Luís Díaz, Davinson Sánchez e John Córdoba marcaron os goles nunha vitoria doada do equipo cafeteiro.