Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo contra Rubiales polo bico a Jenni Hermoso

Visto para sentenza o xuízo contra Rubiales polo bico a Jenni Hermoso

O expresidente da RFEF, que rexeitou facer uso da última palabra, enfróntase a 2 anos e 6 meses de cadea

Nada máis finalizar a vista, o xuíz Fernández-Prieto, indicou: "Pois aínda que pareza mentira, terminamos"

Despois de nove xornadas, na Audiencia Nacional quedou visto para sentenza o xuízo contra Luis Rubiales, Jorge Vilda e dous exdirectivos da RFEF Despois de nove xornadas, na Audiencia Nacional quedou visto para sentenza o xuízo contra Luis Rubiales, Jorge Vilda e dous exdirectivos da RFEF
G24.gal 14/02/2025 12:34

O xuízo ao expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales polo bico non consentido á futbolista Jennifer Hermoso e as posteriores coaccións, en que presuntamente participaron o exdirector da Selección española Albert Luque, o exseleccionador feminino Jorge Vilda e o exrresponsable de Márketing da Federación Rubén Rivera, quedou visto para sentenza este venres.

O maxistrado José Manuel Fernández-Prieto deu por finalizada a vista oral, que arrincou o pasado 3 de febreiro, e que se prolongou ao longo de nove sesións nas que declararon, entre outros, o propio Rubiales e Hermoso, que centraron as súas alegacións en se houbo ou non consentimento no bico, propinado durante a entrega de medallas tras a vitoria no Mundial feminino de fútbol de Sydney en 2023.

Todos os acusados descartaron facer uso do seu dereito á última palabra. "Pois aínda que pareza mentira terminamos", espetou o xuíz arredor das 12:00 horas deste venres.

Pola sede da Audiencia Nacional en San Fernando de Henares tamén pasaron futbolistas como Laia Codina e Misa Rodríguez, mentres que outras compañeiras de Hermoso como Alexia Putellas e Irene Paredes declararon por videoconferencia desde Barcelona.

No xuízo, un dos máis mediáticos na historia da Audiencia Nacional, o maxistrado escoitou como os acusados se desmarcaron das presuntas coaccións a Hermoso e a súa contorna.

Vilda, Rivera e Luque enfróntanse a 1 ano e 6 meses de cárcere por esas presións. Para Rubiales solicitan 2 anos e 6 meses de prisión, debido a que ao delito de coaccións hai que sumar o de agresión sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade