Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xabi Rodríguez subiu 36 veces seguidas o Ézaro: "Os cans ladran as primeiras veces, cando pasas 20, nin caso fan"

Xabi Rodríguez subiu 36 veces seguidas o Ézaro: "Os cans ladran as primeiras veces, cando pasas 20, nin caso fan"

O Everesting consiste en subir e baixar en bici o equivalente ao Everest

É a terceira vez que este ex árbitro fai esta proba en Galicia

G24.gal 29/06/2022 16:00 Última actualización 30/06/2022 09:52

O coñecido árbitro galego Xabi Rodríguez (@arbiquepitas) pasou por Zona mixta para contarnos a súa fazaña, o 'Everesting', que consistiu en subir e baixar 36 veces o Ézaro para facer o equivalente a ascender o monte Everest

8.848 metros en total

"Fomos tres os que subimos, pero case nin nos viamos, en quince horas cruzamos 15 palabras. As caras o dicían todo"

Un reto e un tratamento médico

Contounos Xabi que recentemente sufriu unha embolia pulmonar e non podía pensar que ía estar un martes facendo un reto que lle levou 15 horas

"Incluso Contador quixo bater o tempo máis rápido en facer o Everesting, xa llo bateron e está en 7 horas. E hai outro ciclista vasco que o fixo catro veces seguidas, isto é unha tolemia"

"Fisicamente non é tan esixente como parece, porque as pulsacións non soben esaxeradamente, eu se non fose pola hora, aínda botaba un partido de veteranos, aínda que igual son máis duros polas cousas que che din que facer o Everesting"

Anecdotario

"Nunha ocasión, subindo outro monte, os cans ladraban da primeira ou segunda vez que subías. Pero cando era a 20ª que pasabas diante da casa xa nin se molestaban"

"Onte uns andaluces nos animaban, veña que queda pouco... e eu pensaba, se me queda subir 24 veces... houbo un momento que me cansei e xa llo dixen: levo trinta. Pensaban que era de broma"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos