Yolanda Castaño: "A poesía para min non é un terreo dogmático, serve para as contradicións e as dúbidas"

Yolanda Castaño volve despois de 8 anos co poemario 'Materia', publicado en Xerais
Presente, pasado e futuro, aparecen como os estados da auga: líquido, sólido e gasoso
O poemario aborda a vida desde o pasado, presente e futuro, desde os legados ata a renuncia á maternidade
"Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas”. Iso di Yolanda Castaño. Tardou oito anos en darnos un novo poemario, pero a espera pagou a pena. Oito anos en que non parou de traballar, de levar o galego polo mundo e de facer moita xestión cultural. Hoxe Yolanda preséntanos Materia, o seu novo poemario.