Amandine Beyer: "O barroco permíteche unha visión externa para estruturar o caos e a ira"
Amandine Beyer: "O barroco permíteche unha visión externa para estruturar o caos e a ira"
Co seu grupo Gli Incogniti e omo solista, leva editados máis de trinta discos con especial dedicación aos grandes e tamén a ignorados músicos do barroco
No programa coa Real Filharmonía os Elementos de Jean-Féry Rebel xunto con suites procedentes de óperas da compositora Elisabeth Jacquet de la Guerre
Amandine Beyer é unha violinista barroca, que leva máis dunha década residindo en Vigo. Ela destaca o carácter popular e emocional desta música que se escoitaba no Palacio de Versalles na época do rei Luís XIV e que centra o repertorio da súa agrupación musical Gli Incogniti.
Mañá, Amandine Beyer e a Real Filharmonía de Galicia interpretan un progama en Ourense de música barroca francesa que se celebra arestora xa se pode gozar en Santiago. En febreiro e marzo volverá poñerse os mandos da Filharmonía, xa que é unha das artistas convidadas este ano na temporada da orquestra compostelá.