Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz celebra o recoñecemento do Estado palestino, pero cre que é "insuficiente"

Yolanda Díaz celebra o recoñecemento do Estado palestino, pero cre que é "insuficiente"

Sumar e socios parlamentarios do Goberno reclaman a ruptura de relacións diplomáticas con Israel e o bloqueo do comercio de armas

O PP cre que Sánchez usa a causa palestina para ocultar os seus problemas internos

G24.gal 28/05/2024 14:35

Sumar coincide co socio da coalición, co PSOE, en que se trata dun recoñecemento "histórico", pero aínda así, cre que é "insuficiente". Yolanda Díaz  asegurou nunha entrevista en TVE que "co que estamos vendo e o que están vivindo en Palestina, non é suficiente e temos que dar pasos adiante".

Díaz insta o Goberno a retirar a embaixadora de Tel Aviv, a que se sume ás demandas internacionais en contra de Netanyahu e a que garanta un embargo total de armas a Israel.

Son estas demandas que comparten tamén os aliados no Congreso. Javier Sánchez Serna, voceiro de Podemos, non entende "como pode seguir dicindo Pedro Sánchez que Israel é un estado amigo, despois de todo o que estamos vendo".

Vox, pola súa parte, insta o Goberno a non recoñecer o Estado palestino "dunha forma unilateral", segundo a súa voceira Pepa Millán.

O PP apoia a solución dos dous estados, pero cre que este non é o momento apropiado para recoñecer a Palestina. Acusan a Sánchez de actuar por electoralismo.

Segundo Miguel Tellado, voceiro do PP no Congreso, "Pedro Sánchez está utilizando a causa palestina como cortina de fume para tapar as miserias do seu propio Goberno".

Un día despois do recoñecemento, xa este mércores, Pedro Sánchez recibirá na Moncloa o primeiro ministro de Palestina e varios titulares de Exteriores de países árabes para analizar a situación a partir de agora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade