Cargando resultados...
Zanelli volve marcar pero o Arenteiro empata diante do Llanera
G24.gal
21/11/2021 15:13
O Arenteiro empatou 1-1 no campo do Llanera e perder unha gran oportunidade para volver cos tres puntos. Zanelli, que marcou o sexto gol da temporada, adiantou o equipo do Carballiño. Durante moitos minutos foi superior o equipo de Fran Justo pero nos últimos quince minutos o Llanera presionou e marcou o gol do empate nun remate de Omar Sampedro.