Publicador de contidos

Carl Starfelt será novo defensa do Celta

Carl Starfelt será novo defensa do Celta

O central dereito disputou máis de 3.000 minutos a tempada pasada co Celtic

A chegada da súa parella ao Sporting de Portugal feminino foi a chave para a súa fichaxe

G24.gal 07/08/2023 12:56

O amor pode con todo e demóstrao Carl Starfelt.

O R. C. Celta farase coa fichaxe do central sueco indiscutible no Celtic. Starfelt era un fixo para o seu adestrador, Brendan Rodgers, disputando esta última tempada máis de 3.000 minutos. Mais a saída da súa parella (Jacynta Galabadaarachchi), tamén futbolista, ao Sporting Club de Portugal feminino foi a chave que levou ao xogador a comunicarlle ao club escocés o seu desexo de saír do equipo.

Os celestes lévanse un xogador taxado en máis de 6 millóns de euros por unha cantidade que rozará os 5 millóns. Starfelt reforza o centro da zaga serán 4 os que competirán por dous postos: Aidoo, Unai, Carlos Domínguez e Starfelt.

O sueco é un central alto (1,87)  cun gran dominio aéreo e experimentado internacionalmente. O seu inicio foi no seu país, do cal marcharía a Rusia a xogar 2 tempadas no Rubin Kazan, do que marcharía no 2021 dirección Glasgow converténdose nun home moi importante no campión escocés.

Con 28 anos xa ten experiencia tamén coa súa selección, coa que disputaría 6 encontros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade