Bermejo castiga o Arenteiro e déixao sen pasar á terceira eliminatoria (1-3)

O dianteiro do Burgos marcou os dous goles do seu equipo no primeiro tempo e decantou a eliminatoria para o equipo de Segunda División

G24.gal 06/12/2023 20:12

O Arenteiro caeu esta tarde da Copa do Rei ante un Segunda División, o Burgos. O Espiñedo acolleu esta eliminatoria con grande ambiente nas bancadas. O Burgos adiantouse no minuto 8. Álex Bermejo rematou coa dereita desde fóra da área.

Responderon os locais doce minutos despois para poñer o empate no marcador. Iván Ramos aproveita un balón rexeitado polo gardameta para anotar o 1-1. Antes de chegar o descanso, un saque de esquina do conxunto que dirixe Javi Rey acaba sendo o inicio da xogada do 1-2, de novo Bermejo batía no man a man a Pablo Brea.

E tras o recomezo, minuto 54, o Burgos facía o 1-3 definitivo. Kevin Appin aproveita un balón rexeitado na área para anotar o último tanto que subiría o marcador. O Arenteiro queda eliminado da Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade