O Deportivo Liceo vence con autoridade ao Caldes en Riazor (4-2)
O Deportivo Liceo vence con autoridade ao Caldes en Riazor (4-2)
O equipo de Juan Copa encarrilou o partido con tres goles no primeiro tempo
César Carballeira foi o xogador máis destacado dos coruñeses ao anotar dous goles
O Deportivo Liceo logrou a terceira vitoria consecutiva na casa tras derrotar por 4 a 2 ao Caldes.
O equipo dirixido por Juan Copa non deu opción ao seu rival e adiantouse no marcador mediada a primeira parte por mediación de César Carballeira. Dous minutos despois Lluis Ricart sumou o segundo ao marcador e foi de novo Carballeira quen anotou o terceiro nunha xogada ensaiada antes de chegar ao final do primeiro acto.
Na segunda parte Dava Torres sentenciou o partido co cuarto gol, antes de que o Caldes recortase distancias con dous goles cara ao final.
Con este resultado o Liceo segue coa súa dinámica na casa, onde leva un pleno de triunfos, o cal contrasta coas tres derrotas que acumula lonxe do Pazo dos Deportes.