O Rácing Vilalbés non pode co Langreo na Magdalena (0-1)

Un gol de Joselu Guerra na segunda metade condenou os de Simón Lamas

G24.gal 26/11/2023 14:00

O Rácing Vilalbés perdeu pola mínima na Magdalena co Langreo, nun encontro que decidiu un gol solitario de Joselu Guerra, xa na segunda metade, logo dun rexeitamento. Coa vitoria, o Langreo sitúase quinto, quitándolle o posto de play off de ascenso ao Vilalbés, agora sétimo.

A traxectoria dos dous equipos facía pensar nun partido que se ía decidir por unha marxe moi curta. Os dous estiveron seguros en defensa e concedendo moi pouco ao rival. O Rácing tivo varios achegamentos no primeiro tempo pero faltou acerto. 

A xogada determinante vímola no 64 do segundo tempo cando Santi Gegunde gozou dunha ocasión moi clara para poñer por diante os chairegos. No 74 o Langreo, nun dos poucos disparos que fixo a portería, aproveitou o disparo de Joselu Guerra que petou en Vérez para acadar a vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos