O Rio Breogán apaña a quinta derrota consecutiva en Málaga (87-70)
O Rio Breogán apaña a quinta derrota consecutiva en Málaga (87-70)
O equipo lugués parecía deixar atrás os problemas coa anotación no prmeiro cuarto (15-22)
Un mal segundo parcial deixouno por detrás e xa non houbo reacción
O Rio Breogán perdeu en Málaga por dezasete puntos e queda nunha situación delicada con so unha vitoria.
O equipo galego gañaba por sete puntos no primeiro cuarto, grazas ao acerto nas triplas de Momirov, pero perdeu por 18 puntos o segundo, chegando ao descanso cun 44 a 33.
Na segunda metade seguiron as vantaxes locais ata o 87 a 70 final. O mellor dos galegos foi Saius, que achegou 14 puntos, colleu 10 rebotes e repartiu cinco asistencias. Jogela tamén estivo a bo nivel con 16 puntos, pero mala pocentaxe nas triplas, unha de sete.
A derrota, quinta consecutiva para os de Mrsic, podería relegalos á última praza da clasificación ao remate da xornada. No que vai de Liga, o equipo so conseguiu unha vitoria na Liga ACB.