O Rácing Vilalbés deixa atrás o mal momento na casa (1-0)

Os de Simón Lamas superaron pola mínima á Ximnástica de Torrelavega

O autor do tanto da vitoria foi Diego Uzal

G24.gal 11/11/2023 18:04

O Rácing Vilalbés superou na Magdalena á Ximnástica de Torrelavega por 1 a 0. O equipo dirixido por Simón Lamas acadou así a primeira vitoria da tempada na casa. 

A primeira metade estivo marcada pola igualdade, tendo varias ocasións ambos equipos. Con todo, foi Diego Uzal o encargado de decantar o marcador a favor do cadro local pouco antes do descanso. A Ximnástica foi mellor no primeiro tramo da segunda metade pero non atopou o gol. Os visitantes só tiveron unha ocasión clara que foi detida de maneira sensacional por Santomé.

Con este resultado, o Rácing Vilálbes ascende ata o cuarto lugar na clasificación e deixa atrás o mal momento de case sete meses sen gañar como local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos