Ucraína, un pouco máis cerca da Unión Europea

Von der Leyen eloxia en Kíiv as reformas do país en prol da súa adhesión

Confía en que se completan os cambios pasen á etapa de negociacións

G24.gal 04/11/2023 20:18 Última actualización 04/11/2023 22:14

A presidenta da Comisión Europea eloxiou os progresos de Ucraína no seu camiño cara a unha eventual adhesión á Unión, a pesar de estar en medio dunha guerra.

Citou a reforma da xustiza e as medidas para reducir o poder dos oligarcas e combater o branqueo de capitais e animou a Kíiv a cumprir co resto de recomendacións da comunidade.

Von der Leyen subliñou que se o fan, está segura de que lograrán pasar á seguinte etapa no proceso de integración.

Está previsto que a comisión presente o mércores un informe sobre os avances dos países candidatos, para que antes de final de ano os Estados decidan se poden comezar as negociacións.

Zelenski asegurou que as reformas continuarán e que obter unha resposta positiva suporía unha inxección de moral para a sociedade ucraína e para os soldados na fronte.

O presidente de Ucraína desmentiu que a guerra estea nun punto morto e que Occidente o presione para negociar con Rusia, e reclamou máis defensas aéreas.

Von der Leyen reiterou que non deixarán de apoialos e que presentará pronto máis sancións contra Moscova. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade