Publicador de contidos

Contido coa etiqueta prisión .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta prisión .

Prisión

O acusado coa súa cadela / Garda Civil

Acepta un ano de prisión por matar a súa cadela a golpes en Baiona

08/05/2024 16:08

Tras acabar coa vida do animal lanzándoo contra o chan e dándolle unha patada, acusou a un empregado dun hotel de facelo

A execución da pena queda suspendida por tres anos, polo que non entrará no cárcere mentres non volva delinquir


Un interno do cárcere da Lama golpea e ameaza varios funcionarios durante un motín

06/05/2024 14:33

Un reo amotinouse na biblioteca e ameazou os funcionarios cunha barra metálica que lle chegou a lanzar

Todo comezou cunha liorta entre tres internos. Un deles negouse a obedecer as ordes dos traballadores públicos.

Etiquetas:  PRISIÓN


Fin da prisión preventiva para os 14 transportistas da cocaína do MV Karar

24/04/2024 21:52

Os 14 levan desde 2020 en prisión preventiva e, por lei, non poden seguir entre reixas 

Retiróuselles o pasaporte e terán a obriga de presentarse cada 15 días nun xulgado español


Condenado a 23 anos e medio de prisión polo tiroteo da gasolineira de Tamallancos

18/04/2024 18:28

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia absolveu a muller do autor do crime, acusada de cooperadora necesaria


A acusada na entrada da Audiencia de Barcelona

Sete anos de prisión para a muller que lle cortou o pene ao seu xefe e exparella

10/04/2024 10:16

A muller tamén deberá pagar unha unha indemnización de 250.000 €

Etiquetas:  PRISIÓN

O acusado, José Eirín, durante a vista oral celebrada na Audiencia de Pontevedra (EFE)

Condena de 22 anos de cárcere para José Eirín polo asasinato de Jessica Méndez

05/04/2024 16:47

O tribunal tivo en conta a circunstancia agravante de cometer o delito por razóns de xénero

Non poderá aproximarse a menos de 500 metros dos familiares e da que era parella sentimental da vítima nin comunicarse con eles durante 32 anos


A nai de menor violada transmitiu aos medios o estarrecedor relato da súa filla

Ingresan en prisión os tres acusados de agredir sexualmente unha menor en Écixa

04/04/2024 21:07

Non descartan que fose vítima de submisión químicapero foi consciente do pesadelo que estaba a vivir


Municipios galegos con prisións piden unha contraprestación por dar este servizo

04/04/2024 18:56

Os cinco alcaldes acordaron solicitar audiencia co secretario xeral de Institucións Penais

Din que soportan o custo de servizos como o mantemento das redes viarias de acceso aos centros, o abastecemento de auga ou a xestión de residuos

Falan do "impacto negativo" que teñen nos medios e redes sociais cando falan deles 


Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o parricida de Narón

02/04/2024 19:34

O rapaz de 26 anos agrediu a seu pai, que falecía pouco despois nun centro hospitalario

O TSXG confirmou a decisión da maxistrada tras tomarlle declaración ao sospeitoso


Novo motín nun cárcere de Ecuador do que escapa o narcotraficante Fito

28/03/2024 09:08

O Goberno di que a situación xa está controlada, pero durante unhas horas os presos tomaron o control da prisión, con disturbios, e mesmo houbo un incendio

Protestaban polo trato recibido dende que as Forzas Armadas entraron nas prisións para controlar as bandas criminais


Continúan as protestas dos funcionarios de prisións en Barcelona pola inseguridade laboral

16/03/2024 21:13

Os traballadores reclaman a dimisión do secretario de Medidas Penais 

Denuncian que en 2023 houbo unha media de tres agresión diarias a funcionarios de prisións


Funcionarios do cárcere lugués de Bonxe concentráronse en memoria da compañeira asasinada en Cataluña

Protestas ás portas das prisións para pedir cesamentos e máis seguridade tras a morte dunha cociñeira a mans dun recluso

15/03/2024 14:40

O ministro do Interior, de visita en Cataluña, asegurou que protexer os funcionarios é a súa máxima preocupación


Prisión civil de Porto Príncipe (France Press)

Fuga masiva nun cárcere de Porto Príncipe tras o ataque de bandas armadas

03/03/2024 22:01

Polo menos unha quincena dos case 3.600 presos evadidos foron asasinados

Os reclusos que permaneceron falaron sobre as malas condicións de vida nese cárcere




Prisión sen fianza para un home que golpeou dez mulleres descoñecidas no metro de Barcelona

11/02/2024 19:47

Golpeou con tal forza unha delas que lle rebentou o tímpano


Fernández Liñares, expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entrará na cadea a próxima semana

02/02/2024 21:12

Ten que cumprir a condena de catro anos e medio de cárcere que lle impuxo o Supremo polos delitos continuados de suborno e prevaricación mentres presidiu a entidade


Detido o Pastilla un mes despois de fuxir do cárcere de Alcalá Meco

25/01/2024 20:02

Foi arrestado en Alemaña, nunha estación de tren de Leizpig

Ten dous procedementos abertos por asasinato


Ecuador sufoca os motíns en sete cárceres e libera máis de 150 reféns

14/01/2024 08:13

Son gardas e persoal administrativo que permanecían retidos polos reos en varias prisións do país

Categorías:  Mundo   Política

Confirman seis anos de prisión para o condutor que provocou a morte de tres persoas en Salceda

13/11/2023 17:18

Está considerado autor de tres delitos de homicidio por imprudencia grave e un delito de condución baixo a influencia de drogas tóxicas

No accidente faleceron unha nai e os seus dous fillos menores de idade, de 13 e 6 anos


Prisión sen fianza para os atracadores dun banco en Vigo

06/11/2023 20:38

O xulgado adopta esta medida por risco de fuxida e por reiteración delituosa

Categorías:  Vigo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ATRACO   PRISIÓN

Ordenan o ingreso en prisión de Rafael Amargo por risco de fuga

03/11/2023 13:42

Ao mediodía deste venres, Rafael Amargo estaba xa nos calabozos da Audiencia Provincial de Madrid, desde onde será conducido á prisión madrileña de Soto del Real


En prisión tres dos catro detidos por atracar unha gasolineira á man armada en Lugo

27/10/2023 13:15

Malia levaren a cara tapada, a policía prendeu os presuntos atracadores en menos dun día


Dous anos despois do crime de Cortegada, seguen aparecendo restos

16/09/2023 21:28

A presunta autora, que confesou os feitos, está en prisión

Non descartan que haxa outra persoa implicada


Indignados en Ferrol tras saber do permiso penitenciario concedido ao falso médico Coté

23/08/2023 14:50

As vítimas exploran todas as vías para opoñerse a futuros permisos


Catro detidos por oito roubos en naves industriais do Deza

21/08/2023 15:00

O valor dos efectos subtraídos, en especial o cable de cobre, así como os danos producidos nas naves exceden os 800.000 euros


Prisión cautelar para acusados de tráfico de persoas no naufraxio con centos de mortos en Grecia

21/06/2023 10:24

Os nove negan pertencer a unha rede de tráfico de persoas

Entre os rescatados hai 43 son exipcios, 47 sirios, 12 paquistanís e dous palestinos


Polo menos corenta e unha mulleres mortas nun cárcere de Honduras

21/06/2023 08:22

Destituído o ministro de Seguridade despois da intervención no cárcere


Seis anos de cadea para o acusado do triplo atropelo mortal de Salceda

02/06/2023 16:11

No sinistro morreu unha muller de 39 anos e dous fillos de 13 e 6 anos de idade

A familia está de acordo coa argumentación da sentenza pero non coa pena imposta

Valoran interpoñer un recurso como acusación particular para loitar por unha condena de nove anos de prisión


Ordenan o ingreso en prisión da muller discapacitada sospeitosa de matar o seu bebé en Sevilla

28/04/2023 21:05

Entrará no cárcere de Alcalá de Guadaíra cando reciba a alta médica

Categorías:  España   Sucesos

Condenado a 47 anos de prisión por malos tratos continuados á súa parella

27/04/2023 19:09

Converteu a vida da súa moza "nun auténtico horror, xa que estaba sometida á vontade do acusado", mesmo quitándolle ata a tarxeta sanitaria e o contacto coa súa familia

O acusado terá que indemnizar a vítima con 150.000 euros polas lesións, secuelas e o dano moral causado


Ingresan en prisión os tres condenados por abusar dunha nena da súa familia en Baleira

26/04/2023 15:00

Aceptaron a pena o pasado 17 de xaneiro na Audiencia Provincial de Lugo cun acordo que rebaixaba de 11 a 3 os anos de prisión


Funcionarios de prisións denuncian un conato de motín no cárcere da Lama

18/04/2023 20:16

Tiveron que illar cinco presos para conter a revolta


Dous funcionarios, lesionados nun incidente violento no cárcere de Bonxe

23/03/2023 14:10

Lesionados dous funcionarios da prisión ao mediaren nunha lea entre internos


García Comesaña demanda que o Goberno corrixa o déficit de médicos nos cárceres

22/03/2023 15:07

O conselleiro de Sanidade cifrou o número de vacantes sen cubrir nos centros penitenciarios nun 60 %

Dirixiuse por carta ao delegado do Goberno para pedir que o Ministerio do Interior cumpra coas súas competencias e preste asistencia á poboación reclusa sen sobresaturar os facultativos dos centros de saúde


Frustran un intento de fuga do centro penitenciario de Monterroso

15/03/2023 13:58

O preso, reincidente, foi atrapado cando xa sorteara un aramado de tres metros de altura

Este episodio rexistrouse días despois da agresión sufrida por un funcionario en Bonxe


Os traballadores da prisión de Bonxe protestan tras a agresión a un funcionario

13/03/2023 14:15

Os funcionarios din que o cárcere non está catalogado nin preparado para albergar presos conflitivos


Un interno de Bonxe deixa inconsciente un funcionario público dun puñazo

12/03/2023 14:31

O sindicato CSIF cre que o centro non reúne as condicións para garantir a seguridade do funcionariado


O portal no que se produciron os feitos

O suposto agresor machista que rebentou un portal cun fouciño ingresa en prisión

11/03/2023 12:36

Este sábado pasou a disposición xudicial en Santiago

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 57 resultados.