Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos clasifícase con moito sufrimento para a tercera rolda da Copa do Rei

O Frigoríficos clasifícase con moito sufrimento para a tercera rolda da Copa do Rei

Precisou dunha prórroga e dos lanzamentos de penalti para derrotar un Alacant de inferior categoría

G24.gal 19/03/2024 16:08 Última actualización 19/03/2024 16:15

No balonmán, temos hoxe eliminatorias da Copa do Rei. Esta mañá xogou en Alacante o Frigoríficos do Morrazo. Sufriu moito para pasar aos oitavos de final logo dunha prórroga e dun empate final de 32-32, a eliminatoria resolveuse na quenda de penaltis.  

Aí foi mellor o equipo cangués, que non fallou ningún lanzamento. Alacante fallou os dous primeiros. Fodorean anotou o decisivo sete metros despois dun choque irregular dos de Nacho Moyano, que pareceron sentenciar nun notable primeiro tempo (12-18), pero que se desfixeron na segunda metade, nunha desas desconexións tan habituais nesta tempada.

Vitoria sufrida do BM Cangas, malia que o Alacante é un equipo dunha categoría menor.

Esta noite, tamén de Copa. Hai derbi no Rosal entre o Novás e o Cisne.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos