A arqueoloxía dos palcos da música: arquitectura vernácula para unir a parroquia
A arqueoloxía dos palcos da música: arquitectura vernácula para unir a parroquia
Xurxo Ayán preséntanos o proxecto Palcos analiza os palcos fósiles, os activos e os reapropiados nas zonas rurales de Galicia
Palcos é a primeira entrega dunha serie de investigacións sobre outros lugares esquecidos como os locais de alterne ou os campos de fútbol
É unha nova liña de traballo no INCIPIT que vincula etnografía, arqueoloxía e investigación artística
Xurxo Ayan preséntanos o proxecto PALCOS, unha liña de investigación que pretende superar o arquetipo do "feísmo" galego á hora de falar da arquitectura rural para engadirlle unha lectura antropolóxica a estas arquitecturas esquecidas.
Os investigadores analizan a evolución dos palcos e da contorna construída do campo da festa para lograr unha mellor compresión da relación entre forma, tamaño e localización destas estruturas e a evolución da festa e das orquestras e formacións musicais que participan nelas.