Cargando resultados...
A rehabilitación do mosteiro de Oia, nunha mostra interactiva en Vigo
A rehabilitación do mosteiro de Oia, nunha mostra interactiva en Vigo
O Real Mosteiro de Oia, fundado no S.XII, é o único mosteiro cisterciense situado na costa atlántica
A mostra aberta en Vigo resume os 875 anos do Mosteiro de Oia e pon en valor o seu patrimonio histórico e artístico
Un documental aporta testemuñas de expertos, veciños e persoas que habitaron o mosteiro
G24.gal
18/09/2024 14:42
Última actualización 18/09/2024 16:16
Ata o 5 de outubro a sede viguesa de Afundación acolle 'Un mosteiro, un mar de historias', un proxecto que parte dunha iniciativa da Fundación Bretal. É unha mostra multidisciplinar con actividades inmersivas que fai un percorrido polos máis dos oitocentos anos de historia do Real Mosteiro de Oia, abordando tamén o seu presente e o seu futuro como parte do patrimonio cultural e artístico galego.