Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abraham Pérez: "Fixen unha novela xeracional sobre a crise económica e a literaturización da vida"

Abraham Pérez: "Fixen unha novela xeracional sobre a crise económica e a literaturización da vida"

Con O paso en falso Abraham Pérez entra na narrativa tras varios libros de poesía e ensaio

A novela aborda a descuberta do mundo e da realidade dun rapaz universitario

A próxima parada de presentación da novela será o 1 de febreiro na libraría Pedreira de Santiago
 

Abraham Pérez, autor da novela 'O paso en falso'
G24.gal 28/01/2024 11:00 Última actualización 26/01/2024 15:52

Dicía Joyce no Ulises: "Aprende a vivir, vai por aí a coñecer mundo". Unha frase que recolle, e que ten moito que ver, coa primeira novela do ata de agora poeta Abraham Pérez. O retrato dunha xeración de mozos e mozas nos últimos anos universitarios, da vida social e amorosa, da formación, da saída a un mundo laboral cativo. O abismo entre os soños e as realidades poden ser algúns dos temas que Abraham Pérez aborda na novela O paso en falso, que publica a editorial Galaxia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos