Cargando resultados...
Belén Bermejo: "Tras os muros dos conventos agochábase moitísima vida cultural"
Belén Bermejo: "Tras os muros dos conventos agochábase moitísima vida cultural"
'De lugares e órganos' volve ofrecer na Semana Santa a música dos antigos órganos
O ciclo permite escoitar a música dos órganos de igrexas e conventos da cidade ata o 8 de abril en Compostela
G24.gal
01/04/2023 11:30
Última actualización 29/03/2023 17:26
Temos unha manchea de órganos fermosísimos adornando as nosas igrexas, que funcionan aínda que poucas veces os escoitamos soar. En Santiago hai cada ano unha ocasión excepcional para escoitar música dos órganos da cidade. Ás portas da semana santa vén o ciclo 'De lugares e órganos', unha mestura de lugares singulares con instrumentos tamén singulares. Belén Bermejo é a directora artística do programa.