Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caldo de Gloria para homenaxear a Rosalía de Castro no seu aniversario

Caldo de Gloria para homenaxear a Rosalía de Castro no seu aniversario

A súa fundación preparou o tradicional Caldo de Gloria, servido pola cantante Uxía, quen tantas veces cantou a súa obra

Cada 23 de febreiro Galicia reivindica a figura da Rosalía transgresora, pioneira no feminismo e adiantada ao seu tempo

G24.gal 23/02/2024 21:29 Última actualización 24/02/2024 08:10

Cada 23 de febreiro Galicia reivindica a figura da Rosalía transgresora, pioneira no feminismo e adiantada ao seu tempo. A súa obra segue viva dous séculos despois cunha mensaxe totalmente contemporánea e cunha mensaxe que une todo un pobo.

Rosalía de Castro é a bandeira de Galicia levando a esencia e a alma da nosa terra por todo o mundo. 

A súa fundación preparou o tradicional Caldo de Gloria, servido pola cantante Uxía, quen tantas veces cantou a súa obra. É o caldo protagonista do seu poema Miña Casiña, meu Lar.

Pero son moitos os concellos e asociacións que serviron este caldo porque a Casa Museo repartiu máis de 72.000 manteis desta iniciativa.

Foi unha xornada chea de poesía, música e narración oral para celebrar a potencia creadora en lingua galega, a mesma que puxo en valor a nosa artista máis universal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade