Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe a Rosalía de Castro no colexio Pío XII de Santiago

Homenaxe a Rosalía de Castro no colexio Pío XII de Santiago

A lectura de continuo dos seus poemas no colexio Pío XII é só unha das múltiples actividades organizadas en centros educativos e concellos para homenaxear unha das figuras fundamentais da literatura do século XIX

G24.gal 21/02/2025 13:23

No colexio Pío XII de Santiago celebraron o Día de Rosalía cunha lectura continua de poemas da poetisa galega que se emitiu en streaming a través da súa canle de YouTube e que as familias podían seguir en directo. Participaron pais, profesores e alumnos como relata a directora do centro Marta Veleiro.

E así de continuo soaron os poemas de Cantares GallegosFollas Novas ou En las Orillas del Sar. As obras clave de Rosalía. Unha figura que abordaron nas aulas en todas as súas facetas: como poetisa representativa do Rexurdimento galego, defensora do idioma e pioneira do pensamento feminista.

O domingo fai 188 anos do nacemento de Rosalía de Castro. A lectura de continuo dos seus poemas no colexio Pío XII é só unha das múltiples actividades organizadas en centros educativos e concellos para homenaxear unha das figuras fundamentais da literatura do século XIX e que lle devolveu ao galego o carácter de lingua culta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade