Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compromiso sen prazos de España e Portugal co AVE entre Vigo e o Porto

Compromiso sen prazos de España e Portugal co AVE entre Vigo e o Porto

Sánchez confirma no cumio hispano-luso que están en marcha os estudos previos

Ambos os dous países intensifican a súa cooperación con once acordos

Antón Montero 04/11/2022 20:37 Última actualización 05/11/2022 09:47

"Xuntos na innovación" foi o lema do trixésimo terceiro cumio hispano-luso. De aí que tivera como prólogo unha visita ao laboratorio de nanotecnoloxía de Braga, xestionado polos dous países e onde se pactou a creación dun Centro Ibérico da Alimentación.

Xa en Viana do Castelo, os 18 ministros dos dous gobernos acordaron compartir unha constelación de satélites para anticiparse aos fenómenos meteorolóxicos adversos ou combater os incendios.

Queren tamén impulsar unha industria común de microelectrónica e semicondutores para reducir a dependencia de países como a China. E como potencias en enerxías renovables, propoñen avanzar agora no seu almacenamento, cun centro de investigación en Cáceres.

O líder portugués salientaba a importancia ademais da creación da guía do traballador transfronteirizo

"Condensa e codifica as regras das relacións de traballo de España e Portugal para todos os que traballan dun lado ou outro da fronteira, con traballo digno e igualdade de dereitos", explicou António Costa.

Compromiso total

Costa confirmou que a prioridade portuguesa en materia de alta velocidade é o eixe Lisboa-Porto-Vigo. O presidente español reiteraba que o compromiso español é total e explicaba o estado da obra.

"Ambos os dous países encargámoslle á Agrupación Europea de Interese Económico de Alta Velocidade España-Portugal que se realicen os estudos de demanda, de análise de rendibilidade, de modelo de explotación e estudos para a planificación do tramo conxunto transfronteirizo desta conexión", informou Pedro Sánchez.

Sánchez ratificou o seu apoio ao ministro do Interior pola súa xestión do asalto ao valado de Melilla e ironizou sobre o pasado como banqueiro do actual vicepresidente do Banco Central Europeo, Luis de Guindos, tras as críticas da institución ao imposto español á banca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade