"Con este xogo, o resultado acabará chegando"
"Con este xogo, o resultado acabará chegando"
Guaita e Manquillo coincidían ao final do encontro: "Fixemos un gran partido"
Contrariado polo resultado pero satisfeito polo partido que fixeran os xogadores do Celta. Así estaba Claudio Giráldez na comparecencia posterior á derrota diante do Atlético por 0-1. "O xusto sería gañar. O menos xusto sería un empate. Perder é un duro castigo" laiábase o adestrador porriñés.
"Tennos que reforzar. Podemos dominar e ser mellores que calquera equipo da Liga. O resultado acabará chegando" foi a conclusión que sacou unha vez visto o encontro e a superioridade do Celta en todos os aspectos do xogo agás no marcador.
Na mesma liña pensaban Vicente Guaita e Manquillo: "Fixemos un gran partido", aseguraron os dous. "Cometemos un erro e diante destes equipos cústache o partido", recoñecía o canteirán do Atlético de Madrid.