Cargando resultados...
Emma Pedreira: "Nalgúns cemiterios hai a mesma estratificación social que nas cidades dos vivos"
Emma Pedreira: "Nalgúns cemiterios hai a mesma estratificación social que nas cidades dos vivos"
Das visitas a San Amaro co seu avó nace o interese de Emma polas cidades dos mortos
En 'As horas mortas' trátase a simboloxía da escultura funeraria, os epitafios e historias cómicas ou arrepiantes arredor da morte
G24.gal
10/12/2024 14:19
Última actualización 10/12/2024 16:44
Os camposantos onde repousan os nosos ancestros sempre tiveron unha certa atracción literaria para moitos autores. É o caso da escritora Emma Pedreira, que desde nena sentiu interese polas historias que gardan os cemiterios. Froito desa inclinación xorde 'As horas mortas', un libro de viaxes e conversas polos camposantos galegos. Entre narrativa e ensaio, Pedreira guíanos polos territorios e os ritos fúnebres, ás veces cunha boa dose de humor.