Fillas de Cassandra: "Todas somos construídas polo sistema para ser esquecidas"
Fillas de Cassandra: "Todas somos construídas polo sistema para ser esquecidas"
'Acrópole', o primeiro disco de Fillas de Cassandra recupera as heroínas dos textos clásicos gregos para achegar unha visión feminista e contemporánea
A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que tecen as súas composicións
Fillas de Casandra en concerto o 4 de marzo na Sala Capitol de Santiago
Mulleres de todalas polis do mundo. Nós, da voz de Lisístrata ciframos en vos a nosa esperanza. Porque hoxe, coma sempre, se nos paramos, o mundo para. Se o mundo para, a guerra remata.
Así comeza 'Lisístrata', un dos temas que compoñen Acrópole o disco que hoxe publicaron Sara Faro e María Soa que son as Fillas de Casandra. Un proxecto luminoso, mitolóxico, feminista, que lles dedican a todas as que foron feitas de esquecemento.