Héctor Francesch: "Non esculpo, expando, o que fago pódese chamar pictoescultura"
Comisariada por Matilde Rodríguez, a exposición, reúne 66 pezas dun proxecto no que o artista leva traballando desde 2019
O proxecto pictórico ten unha vertente expandida no aspecto formal. A ironía, o onírico e a composición conforman a súa plástica
A vida interior, de Héctor Francesch: ata o 31 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense
"Grazas ao meu traballo podo facer que as cousas sexan como a min me gustan. Deume unha identidade". A frase é de Hector Francesch, pintor, ilustrador, deseñador que ata o 31 de marzo nos fala da súa vida interior a través dunha exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
A vida interior son pezas que parten dun tema clásico da pintura como é o bodegón e que teñen un marcado carácter gráfico. Son cadros que se expanden, as veces, saen dos marcos para coller forma de esculturas.