Henrique Rabuñal: "Todas as pólas da obra de Murguía conéctanse ao servizo da nación"
Henrique Rabuñal: "Todas as pólas da obra de Murguía conéctanse ao servizo da nación"
'Murguía, un século despois' é unha biografía intelectual para calibrar a valías das achega de Murguía
Ademais de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7.000 páxinas, entre eles a Historia de Galicia
"Nunca o ben que ti teñas che roube outro; Ai! que eses males, nos bos corazóns duran, eternidade", son versos de 'Nena das soidades', os primeiros que Murguía asinou en galego era o ano 1854. Murguia o poeta, o historiador, o galeguista, o xornalista, o polemista, o compañeiro de Rosalía de Castro... Todos forman parte da figura de Manuel Murguía, a quen se lle rende homenaxe hoxe no centenario do seu pasamento. Hoxe tentaremos coñecer un pouco máis de estudoso infatigable a través de 'Murguía un século despois', o último libro de Henrique Rabuñal.