Isabel Fernández: "Non é que non teñas casa, e que non hai espazo para asentar o teu proxecto de vida"

'CA-CO-FLEX' de Isabel Fernández foi seleccionada para facer unha residencia artística na Cidade da Cultura e presentarase no Culturgal
Abordan as dificultades do acceso á vivenda coma un problema económico, social e emocional co cartén como material escénico
Alixa Ladson, Lúa Rguez, Hugo González , Mateo Rguez, e Ziggi Iglesias no elenco
CA-CO-FLEX é un proxecto de artes escénicas que trata a temática do acceso á vivenda da xeración "Millenial". Co-living ou flex-working son palabras que segundo a creadora Isabel Fernández teñen a súa traslación escénica ás paredes feitas de cartón. Preséntanse este venres na Cidade da Cultura e o día 29 no Culturgal.