Cargando resultados...
'O corno' chega ás salas de cine
'O corno' chega ás salas de cine
A gañadora da Cuncha de Ouro chega ás salas comerciais hoxe
O filme está dirixido por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás
G24.gal
11/10/2023 13:36
A película gañadora da cuncha de Ouro de San Sebastián chega ás salas. Houbo un grupo de afortunados que asistiron á preestrea; para o resto, o paso polas salas de cine empeza hoxe.
O corno, filme dirixido por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, é un drama rural ambientado na Galicia dos anos setenta. A película está rodada en galego e portugués entre Galicia e Portugal.