Publicador de contidos
Publicador de contidos

'O corno', no Festival de Donostia, e 'Amigos hasta la muerte', con Begoña Vázquez

'O corno', no Festival de Donostia, e 'Amigos hasta la muerte', con Begoña Vázquez

'A sociedade da neve', de Juan Antonio Bayona, foi elixida para representar a España nos Óscar

'O corno', de Jaione Camborda, un filme sobre sororidade e coidados na oficial de Donostia

Nas carteleiras, a comedia 'Amigos ata a morte', de Javier Veiga

G24.gal 21/09/2023 15:17 Última actualización 21/09/2023 16:43

A sociedade da neve, a película de Bayona que representará a España nos Óscar, pasará brevemente polos cines, antes de que os subscritores poidan gozala en todo o mundo. Os académicos españois optaron por deixar atrás a un nome fundamental do noso cine como é Víctor Erice e tamén descartaron as 20.000 especies de abellas de Estíbaliz Urresola. 

A sociedade da neve clausurou o Festival de Venecia e terá o seu primeiro pase do filme no Festival de San Sebastián.

Precisamente en Donostia O corno de Jaione Camborda é a primeira película rodada integramente en galego que compite polo premio máis importante do festival. Un filme ambientado nos anos 70 sobre unha parteira que nos fala de sororidade, de dedicación e coidado das outras.

E na carteleira estréase Amigos hasta la muerte. Dirixe e protagoniza o actor do Grove Javier Veiga xunto á súa muller, Marta Hazas. É unha película que alterna entre o melodrama e a comedia romántica. Un canto á amizade e sinceridade que tamén nos propón un percorrido cinematográfico por Galicia: dende Ourense, onde comeza, ata algún punto do Camiño de Santiago e a praza do Obradoiro, onde acaba. Pasan tamén polas praias do Grove, pola festa do Polbo de Carballiño e mesmo polas termas da Chavasqueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos