Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta entrega o avance da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A Xunta entrega o avance da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Aposta pola singularidade da paisaxe como punto diferencial ante a competencia

G24.gal 20/09/2024 20:31 Última actualización 20/09/2024 20:37

O primeiro trámite xa está cumprido. O conselleiro de Cultura entregoulle ao embaixador de España ante a Unesco o avance do expediente da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial para 2026.

A Xunta aposta pola singularidade da paisaxe como punto diferencial ante a competencia.

A da Ribeira Sacra será a única candidatura que presente España a Patrimonio Mundial. Un segundo intento con probabilidades de saír ben.

A candidatura da Ribeira Sacra conta co apoio de concellos, institucións e axentes económicos e sociais. O mes que vén celebrarase un congreso internacional con expertos en patrimonio para darlle maior difusión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade