Publicador de contidos
Publicador de contidos

O coche compartido ou 'carsharing' como alternativa de mobilidade urbana sostible

O coche compartido ou 'carsharing' como alternativa de mobilidade urbana sostible

A diferenza dun coche en propiedade, din, aquí só se paga polo uso

G24.gal 20/09/2024 20:22

Novas formas de mobilidade urbana continúan a gañar terreo. Tamén nas cidades galegas. Falamos do carsharing ou coche compartido. As empresas de carsharing ofrecen coches de usar e deixar. O vehículo resérvase e ábrese desde o móbil.

O coche compartido non é novo. Unha empresa galega acaba de implantarse nas cidades da Coruña e Santiago logo de facelo en Ourense. Dispón dunha frota de vehículos de baixas emisións, híbridos ou eléctricos, que se alugan a 69 céntimos de euro por quilómetro percorrido. A diferenza dun coche en propiedade, din, aquí só se paga polo uso.

En canto ao impacto ambiental, as empresas de carsharing aseguran que onde esta modalidade está estendida cada coche compartido equivale a entre 12 e 16 vehículos menos nas estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos