Cargando resultados...
Francisco Caramés, o urólogo do HULA que opera doentes sen recursos en África
Francisco Caramés, o urólogo do HULA que opera doentes sen recursos en África
Formou parte dunha das misións da ONG Surg For All en Liberia
G24.gal
20/09/2024 20:37
Cada vez máis persoal sanitario renuncia a parte do seu tempo libre para participar en proxectos de cooperación onde os precisan. É o caso do doutor Caramés, un urólogo do Hospital Universitario de Lugo que dedicou parte das súas vacacións a realizar cirurxías nun dos países máis pobres do mundo.
No marco dunha misión da ONG Surg For All operou durante nove días doentes sen recursos en Liberia, onde non existen médicos da súa especialidade. Di que a experiencias o converteu nun home máis feliz e que vai repetir. Asegura que é un traballo duro pero reconfortante que contribúe a mellorar a calidade de vida de persoas sen outras alternativas sanitarias.