En Galicia danse unhas 160 paradas cardiorrespiratorias ao ano por cada 100.000 habitantes
En Galicia danse unhas 160 paradas cardiorrespiratorias ao ano por cada 100.000 habitantes
Actuar nos primeiros minutos é esencial, por iso nos últimos anos distribuíronse polo territorio uns 3.000 desfibriladores
En dez anos formáronse máis de 15.000 mozos nas técnicas de reanimación cardíaca
Manter a osixenación dos órganos principais é vital. E os primeiros catro minutos tras un paro cardiorrespiratorio son esenciais para que o cerebro non perda funcións.
Atender eses pacientes -uns 3.200 ao ano en Galicia- mentres non chegue un desfibrilador semiautomático salva vidas. Por iso a nosa comunidade formou xa 16.000 escolares nas manobras básicas de RCP e entrou no programa Ariana da Sociedade Española de Cardioloxía.
"O que imos conseguir é aumentar o número de desfibriladores e de voluntarios. Esperamos chegar aos 4.000. Cando se produce unha parada na vía pública, aos voluntarios que por xeolocalización estean máis próximos sáelles unha alerta no móbil para que se acheguen a reanimar", explicou Román Gómez Vázquez, o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O conselleiro de Sanidade recibiu 180 nos alumnos deste ano na sede do Sergas e díxolles que a RCP é un dos actos médicos máis significativos. "Todo o mundo debería saber como se fai este procedemento", dixo Antonio Gómez Caamaño.