Arrinca en Lugo un Caudal Fest con récord de afluencia
Arrinca en Lugo un Caudal Fest con récord de afluencia
O último gran festival do verán congrega 23 bandas e máis de 40.000 asistentes
Os galegos Lontreira foron os encargados de abrir en Lugo a sexta edición do Caudal Fest, un festival á beira do Miño que este ano congrega 23 bandas e máis de 40.000 asistentes. Bate, por tanto, o seu récord de afluencia, e consolídase como a última gran cita do verán.
O festival, que conta con dous escenarios, dálles emprego directo a unhas 600 persoas na súa organización. A isto hai que sumar un retorno económico que se agarda que supere os 8 millóns de euros, cunha plena ocupación hoteleira.
De feito, foi preciso habilitar un pavillón municipal para acoller os peregrinos ao seu paso pola cidade das murallas.
Esteban Girón, responsable de comunicación do Caudal Fest: "A ocupación hoteleira está ao cento por cento. E é unha idea que xurdiu do Concello de Lugo, que é patrocinador principal do evento dende a súa primeira edición".
Coas entradas practicamente esgotadas, Amaral e Viva Suecia son cabeza de cartel na primeira xornada do festival, que pecharán bandas como Arde Bogotá ou Ladilla Rusa.