Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vixésima edición do festival da maxia de Lugo pecha coa súa Gran Gala

A vixésima edición do festival da maxia de Lugo pecha coa súa Gran Gala

A Gran Gala pechou unha semana de maxia en Lugo

G24.gal 15/09/2024 21:02 Última actualización 15/09/2024 22:52

A Gran Gala do Lugomáxico pechou a vixésima edición do Festival da Maxia de Lugo, un dos de maior tradición de todos os que se celebran en España, xa que a cidade das murallas é un referente neste eido.

A xente agardaba ás portas do Auditorio Gustavo Freire para entrar. Algúns viñan por vez primeira e outros xa tiñan veteranía. O mago Luis Boyano foi o encargado de presentar a gala.

Nestas vinte edicións do Lugomáxico participaron centos de magos e magas, talentos recoñecidos e tamén novos artistas.

Este festival internacional compromete a celebración da vixésimo primeira edición para o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade