Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salto en paracaídas e voos de introdución no XVI Criterium aeronáutico de Galicia

Salto en paracaídas e voos de introdución no XVI Criterium aeronáutico de Galicia

O evento, que se celebra no aeródromo de Rozas, pretende achegar o mundo da aviación a todos os públicos

G24.gal 29/09/2024 14:50 Última actualización 29/09/2024 17:01

O aeródromo de Rozas, no concello de Castro de Rei, acolleu dende o venres o XVI Criterium Aeronáutico de Galicia, un evento que pretende achegar o mundo da aviación a todos os públicos.

A  primeira expedición do día, para valorar as condicións de voo, corre a cargo do presidente do Real Aeroclub de Lugo, Fran Abelleira, organizador deste festival aéreo que considera distinto ao resto porque é "participativo, inmersivo".

María e Saray acaban de facer un voo de introdución e comentan que lles resultou tranquilo e emocionante. Desta volta, a meteoroloxía non permite saltar en paracaídas.

Porén, pódense admirar de preto as aeronaves do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial ou a maqueta dun caza da Segunda Guerra Mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar