Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas e festivais desta fin de semana

As mellores festas e festivais desta fin de semana

Os Milagres de Amil, a Festa do Cristo no Barco de Valdeorras e a Festa da Pataca de Coristanco son algúns dos eventos máis destacados

No eido musical destaca o Revenidas, xunto co Negrita Music Festival do Porriño e co GO! Electronic Festival de Cerceda

Imaxe de arquivo dos Milagres de Amil
G24.gal 11/09/2024 19:53

Festas populares

Milagres de Amil en Moraña. Xa comezaron as actividades relixiosas na localidade, pero o día para cando se agarda a chegada de milleiros de peregrinos ao santuario non será ata este domingo 15 de setembro. A celebración comenzará as 04:30 horas da madrugada coa primeira procesión acompañando a virxe á luz das candeas e continuará ao longo de toda a xornada.

Milagres de Caión en Laracha. En Caión o día grande foi xa a o domingo 8, pero os Milagres e as festas continúan este sábado 14 e este domingo 15 (día da baixada da Virxe). Ademais das misas e da procesión haberá verbena e disco móbil.

Festa do Cristo no Barco de Valdeorras. As patronais da vila celébranse entre o venres 13 e o martes 17 de setembro, e terán como día grande o sábado, co concerto de Fillas de Cassandra, os fogos de artificio, a verbena e actividades deportivas como o Descenso do Sil en piragua e o madrugón matutino baixar a nado.

Festas da Guadalupe en Rianxo. Comezan o venres 13, pero non traen mala sorte, senón moita música, actividades e espectáculos como o de luces e son con drons ou a procesión marítima deste domingo.

O Nazareno na Pobra do Caramiñal. Entre o venres 13 e o luns 16 a vila contará con concertos, verbenas, fogos de artificio, una festa Holi e actividades relixiosas como a tradicional procesión das Mortallas.

Festas do Ecce Homo en Palas de Rei. Entre o xoves 12 e o domingo 15 haberá verbenas amenizadas polas orquestras París de Noia e Panorama, ademais do Festival de Danza Tradicional e o espectáculo Queiman Folki.

Festa da Pataca de Coristanco. Entre o sábado 14 e o domingo 15 a vila fai unha homenaxe a este tubérculo e non só a través da gastronomía, senón tamén mediante a arte, con esculturas nas que é protagonista.

Feira do Ovo Campeiro de Melide. As actividades culinarias, degustacións e o concurso de tortillas durante a tarde do sábado, serán a antesala dun domingo no que se intentará cumprir co obxectivo de facer a tortilla máis grande do mundo, para o que haberá que empregar 1.700 kg de patacas, 14.000 ovos e unha tixola de 6 metros de diámetro.

Festa dos Botes de Arzúa. Esta festa de orixe pagá celébrase entre o venres 13 e o domingo 15 de setembro e contará, entre moitas actividades, co tradicional concurso de lanzamento de pucheiros e con concertos de artistas como Lontreira ou Terbutalina.

Romaría da Barca en Muxía. Misas, DJ, verbenas e fogos de artificio entre o xoves 12 e o luns 16.

Festival Internacional de Cinema de Bueu. Proxeccións das curtas e coloquios todas as artes ata o sábado 14 de setembro, día no que ademais haberá unha conversa coa actriz María Vázquez pola mañá e no que se fará entrega dos premios pola noite.

Festivais

Revenidas. Un dos eventos máis destacados da semana e de todo o verán. Este ano o festival de Vilaxoán, en Vilagarcía, reúne 39 grupos e artistas entre o xoves 12 e o domingo 15 de setembro:

  • Tanxugueiras, Lendakaris Muertos, Fillas de Cassandra, La Pegatina, The Tyets, Dakidarría, The Rapants, Rebelión do Inframundo, La Fúmiga, Guadi Galego, Miss Bolivia, Lontreira, Muchachito Bombo Infierno e moitos máis.

Negrita Music Festival. Celébrase no Porriño este venres 13 e sábado 14 de setembro:

  • JC Reyes, Hard GZ, Recycled J, Maka, Pignoise, Soge Culebra, Maikel Delacalle, Lia Kali, Paul Thin, Denna e máis artistas.

Go! Electronic Festival. A primeira edición deste festival de música electrónica estréase en grande cun extenso cartel no Xardín Botánico e no Aquapark de Cerceda, entre o venres 13 e o sábado 14:

  • 6EJOU, Afem Syko, Obscure Shape, CARV, Madson Carpenter, Ellen Allien, Helena Hauff, Lars Huissmann, Luke Slater, Nastia, OGUZ, Rebekah e Remco Beekwilder, entre outros.

  • s

Festival Our Fest. A súa terceira edición celébrase en Ourense o 14 de setembro:

  • Jake Bugg, Miles Kane, Teenage Fanclub, Yard Act, Los Enemigos, Capallo Prieto e Azabache.

Wake Up! Weekend. Festival na Coruña o venres 13 e sábado 14 de setembro:

  • Carl Cox, Brenda Serna, Luciid, Somewhen, Vendex, Carl Craig, Chris Liebing, Giorgia Angiuli e máis artistas.

Fink: o cantante inglés estará no Auditorio Municipal de Vigo o venres 13 ás 21:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade