Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden axuda para atopar unha desaparecida en Boborás

Piden axuda para atopar unha desaparecida en Boborás

A muller está conectada a unha máquina e, se a batería termina, "limitaría e moito" a súa supervivencia

G24.gal 17/09/2024 19:42

O Concello de Boborás, en Ourense, solicitou colaboración da cidadanía para atopar a Emérita Nogueira Prejigueiro, unha muller de 73 anos que leva desaparecida desde a mañá deste martes.

O Consistorio difundiu por redes sociais unha fotografía da septuaxenaria e pide que, se alguén a localiza, avise o cuartel da Garda Civil do Carballiño, que leva o caso.

De acordo coa información do Concello, a muller está conectada a unha máquina e, se a batería termina, "limitaría e moito" a súa supervivencia, polo que "é esencial atopala canto antes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade