Publicador de contidos
Publicador de contidos

O valor da produción agroalimentaria certificada galega supera os 660 millóns de euros

O valor da produción agroalimentaria certificada galega supera os 660 millóns de euros

Supón un aumento do 4,6 por cento interanual, con especial peso da carne e do viño

Félix Aragunde 17/09/2024 21:02

A produción agraria galega acadou un valor, no último exercicio, duns 4.400 millóns de euros, segundo datos de Medio Rural. O 15 por cento, uns 660 millóns, corresponde á produción agroalimentaria certificada.

Desta cantidade, que aumentou o 4,6 por cento no último ano, tres cuartas partes concéntranse nos sectores vitivinícola e cárnico. É o caso dos 500 produtores do selo Tenreira Galega Suprema.

Santi Rego, presidente dos produtores de Tenreira Galega Suprema: "En 2022 vendiamos a 4,80 euros quilo canal e en 2023 conseguimos que subira a 5,70. Aínda así, segue lonxe do que nos custa producir ese quilo de carne, que son 6,50". 

A produción agroalimentaria certificada galega inclúe 35 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Tamén os produtos amparados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

De feito, os produtos ecolóxicos constitúen unha importante porcentaxe do valor da nosa produción agraria certificada. Tras Rías Baixas e Tenreira Galega, é o selo coa maior facturación.

Ramón Díaz, responsable da promoción de Craega: "Fundaron o selo de agricultura ecolóxica once operadores, e hoxe en día son 1.552. É un orgullo que a dinámica sexa que cada vez haxa máis xente interesada en que o seu produto estea certificado en ecolóxico".

A décima parte restante do valor da produción agraria certificada corresponde a produtos como queixos, licores, pan ou patacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar