Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda di que a rehabilitación do mosteiro de Oia é un exemplo de protección do patrimonio

Rueda di que a rehabilitación do mosteiro de Oia é un exemplo de protección do patrimonio

A Xunta vai impulsar a súa recuperación cunha achega de catro millóns de euros para a construción dun hotel e un restaurante

Rueda asegurou que iniciativas coma esta axudan a fomentar en Galicia un turismo sustentable e dinamizan a economía
 

G24.gal 18/09/2024 23:20

Alfonso Rueda asegurou que a rehabilitación do mosteiro de Oia é un exemplo de protección do patrimonio galego. A Xunta vai impulsar a súa recuperación cunha achega de catro millóns de euros para a construción dun hotel e un restaurante.

Rueda dixo que iniciativas coma esta axudan a fomentar en Galicia un turismo sustentable e dinamizan a economía: "Fixamos territorio, postos de traballo; fixamos prosperidade aquí onde fai falta. Non pensamos que estas marabillas as teñen que facer sempre noutros lugares. Pódese, mellorar, adaptar aos tempos e darlle unha nova vida con respecto e seguir creando riqueza". 

O Mosteiro de Oia está catalogado como Ben de Interese Cultural e forma parte do Camiño Portugués da Costa, a ruta xacobea que máis medra, con máis de 57.000 Compostelas recollidas ata o momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos