Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha máquina expendedora para desfrutar da gastronomía da Fonsagrada

Unha máquina expendedora para desfrutar da gastronomía da Fonsagrada

Os menús fanse con carne de vacas da montaña e con produtos da zona

Peregrinos e persoas soas son os mellores clientes

Prato de tenreira na máquina expendedora
G24.gal 19/07/2024 20:04 Última actualización 19/07/2024 20:22

Por pouco máis de seis euros, todo o sabor da montaña xa cociñado, envasado e listo para degustar. Grazas a esta expendedora, calquera que pase polo medio da Fonsagrada poderá desfrutar da carne das mellores vacas criadas pola asociación de gandeiros local. Unha iniciativa pensada para todo tipo de públicos, segundo o momento do ano.

"Dende abril tiñamos peregrinos que viñan preguntando porque necesitan un servizo coma este", conta Juan Fernández, de ASGAFON.

"É moi sinxelo. Só hai que quentalos tres minutos no microondas, a baño maría ou na tixola", explica Cristina Mera, responsable da máquina.

Os menús fanse con patacas, cebolas, allos ou pementos da zona e tamén están dispoñibles outros produtos locais como zumes e prebes. Estes gandeiros cren que as expendedoras non están pelexadas nin coa calidade nin coa comida saudable. En só catro días que leva instalada esta máquina xa recibiron ofertas para ampliar o menú ou para situar unha igual en cidades como Lugo ou A Coruña.

"Traemos produtos de tempada, Isabel cocíñaos, envasamos e listos para vender."

"Toda a carne de vacún que vendemos ten o selo de calidade de Ternera Gallega Suprema."

Por ir acorde cos tempos, a máquina tamén ofrece menús para veganos e vexetarianos, aínda que son minoritarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade